• No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, editado por Mª Pilar García Negro

    Velaquí unha das máis recentes novidades: "No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal", un libro de Alvarellos Editora coordinado por Mª Pilar García Negro no que participan, entre moitos outros, Marica Campo e o lalinense Carlos Negro.

    Mª Pilar García Negro convoca un excelente elenco de docentes e escritoras/es nun libro coral. Nel leremos textos  de autoras e autores contemporános de Rosalía de Castro, nun diálogo literario que arrinca -como primeira obra escolmada- de FOLLAS NOVAS (1880). Este ensaio demostra, con valentía e orixinalidade, como os debates ideolóxicos e estéticos no mundo do XIX están presentes na nosa escritora, e como, dende Galiza, se pode emprender unha viaxe á literatura universal.

    Non perdas esta magnífica obra que afonda na figura da que probablemente sexa a máis emblemática figura da nosa literatura!

    E lembra: se ves esta semana a por ela, poderás beneficiarte do noso desconto inmediato do 10% polo Día das Letras Galegas.



    0 comentarios → No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, editado por Mª Pilar García Negro

    Publicar un comentario