• Cegoñas no fondo da ría, de Manuel Lourenzo González

    Presentámosvos hoxe unha das últimas novidades de Uco Editora, publicado no selo Alcaian.

    a pesca das sereas
    o Coloso de Tambo
    o incendio da Biblioteca Panxeica de Pontevedra
    rodando Casablanca no café Moderno
    o turista que botou raíces e despois pólas e logo flores
    a Pedra de Rosetta da cultura castrexa
    cando América nos descubriu
    un poema de Gustavo Adolfo Bécquer en galego
    tras o misterio do rei Urco
    o Pontevedrés Errante
    o mago que conseguiu a inmaterialidade
    a científica que o descubriu todo e foi como se nada
    a primeira aterraxe dun dirixíbel na Ferraría
    santos republicanos
    Elvis Presley nas festas da Peregrina
    o Diluvio Universal de Pontevedra
    a xacia que chegou a Papisa
    a muller que faleceu e non o sabía
    a teoría das terras furadas
    o alquimista verdadeiro
    o tesouro do Preste Xan
    as pirámides dos atlantes
    a lenda de Ravachol
    A Gioconda no Museo Provincial
    princesas escandinavas primeiro meigas logo santas
    unha Pontevedra na selva ecuatorial africana

    ... cegoñas no fondo da ría

    Non perdades este fantástico libro que recompila un conxunto de 25 artigos que foron publicado ao longo dos anos 2012-2014 no xornal dixital Pontevedra viva.





    0 comentarios → Cegoñas no fondo da ría, de Manuel Lourenzo González

    Publicar un comentario