• O vindeiro venres, 29 de Maio, ás 8 da tarde, teremos connosco a Fran P. Lorenzo, que ven presentar a súa novela "Cabalos e lobos", coa que gañou o Premio Blanco Amor 2014.

    Non faltedes!




  • Velaquí unha novidade recén saída do prelo: "La llave de Salomón", de José Rodrigues dos Santos, editada por Gradiva Ibérica.

    O corpo de Frank Bellamy, director de Tecnoloxía da CIA, é descuberto no CERN, en Xinebra, no momento en que os científicos están traballando na procura no bosón de Higgs, tamén coñecido como Partícula de Deus. Entre os dedos da vítima atópase unha mensaxe incriminadora.

    A mensaxe transforma a Nicolás Noronha no principal sospeitoso do homicidio. O historiador portugués vai atoparse de súpeto no punto de mira da CIA, que lanza asasinos na súa busca, e dáse de conta de que se quere sobrevivir terá que desvelar o crime e probar a súa inocencia. Ou morrer tentándoo. Así comeza unha búsqueda que o levará a través dalgúns dos más sorprendentes descubrimentos científicos xamais realizados.

    Existe a alma? Que ocorre cando morremos? Que é a realidade?

    Con esta asombrosa aventura, que arrastra ao lector polo perturbador mundo da consciencia e da natureza más profunda do real, José Rodrigues dos Santos reafírmase como un grande mestre do suspense. A pesar de ser unha obra de ficción, "La llave de Salomón" usa información científica xenuina para desvelar as soprendentes conexións entre a mente, a materia e o enigma da existencia.



  • Xa está aquí!!!!!!



















  • Velaquí unha das máis recentes novidades: "No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal", un libro de Alvarellos Editora coordinado por Mª Pilar García Negro no que participan, entre moitos outros, Marica Campo e o lalinense Carlos Negro.

    Mª Pilar García Negro convoca un excelente elenco de docentes e escritoras/es nun libro coral. Nel leremos textos  de autoras e autores contemporános de Rosalía de Castro, nun diálogo literario que arrinca -como primeira obra escolmada- de FOLLAS NOVAS (1880). Este ensaio demostra, con valentía e orixinalidade, como os debates ideolóxicos e estéticos no mundo do XIX están presentes na nosa escritora, e como, dende Galiza, se pode emprender unha viaxe á literatura universal.

    Non perdas esta magnífica obra que afonda na figura da que probablemente sexa a máis emblemática figura da nosa literatura!

    E lembra: se ves esta semana a por ela, poderás beneficiarte do noso desconto inmediato do 10% polo Día das Letras Galegas.





  • O vindeiro venres 15 de Maio, ás 8 da tarde, terá lugar na nosa libraría a presentación do libro "Daquí e dacoá. Follas voadeiras", na que participarán o autor Carlos Méixome, o profesor e escritor Gonzalo Navaza e o editor Antón Mascato.

    Non faltedes!





  • Con motivo do Día das Letras Galegas (17 de Maio), durante toda esta semana (11 a 16 de Maio), faremos un 10€ de desconto inmediato na compra de calquera título en galego, libro ou BD*.

    *Non acumulable a outras promocións e non aplicable a material reservado/encargado. Tampouco aplicable á presentación do venres 15 de Maio.













  • Presentámosvos hoxe unha das últimas novidades de Uco Editora, publicado no selo Alcaian.

    a pesca das sereas
    o Coloso de Tambo
    o incendio da Biblioteca Panxeica de Pontevedra
    rodando Casablanca no café Moderno
    o turista que botou raíces e despois pólas e logo flores
    a Pedra de Rosetta da cultura castrexa
    cando América nos descubriu
    un poema de Gustavo Adolfo Bécquer en galego
    tras o misterio do rei Urco
    o Pontevedrés Errante
    o mago que conseguiu a inmaterialidade
    a científica que o descubriu todo e foi como se nada
    a primeira aterraxe dun dirixíbel na Ferraría
    santos republicanos
    Elvis Presley nas festas da Peregrina
    o Diluvio Universal de Pontevedra
    a xacia que chegou a Papisa
    a muller que faleceu e non o sabía
    a teoría das terras furadas
    o alquimista verdadeiro
    o tesouro do Preste Xan
    as pirámides dos atlantes
    a lenda de Ravachol
    A Gioconda no Museo Provincial
    princesas escandinavas primeiro meigas logo santas
    unha Pontevedra na selva ecuatorial africana

    ... cegoñas no fondo da ría

    Non perdades este fantástico libro que recompila un conxunto de 25 artigos que foron publicado ao longo dos anos 2012-2014 no xornal dixital Pontevedra viva.