• O triunfo do ovo, de Sherwood Anderson

    Estamos de noraboa! Por fin chegou o novo libro da editorial compostelá Irmás Cartoné. Trátase de "O triunfo do ovo", de Sherwood Anderson, traducido por Carlos Valdés e Celia Recarey.

    O señor Anderson penetrou nesa camada máis profunda e candente da natureza humana que sería frívolo etiquetar de nova ou vella, americana ou europea. Na súa determinación por ser "fiel á esencia das cousas", abriuse camiño ás apalpadas cara a algo auténtico, persistente, de relavancia universal, e en proba diso fixo o que, á fin e ao cabo, moi poucos autores logran facer: creou un mundo propio

    Virginia Woolf

    Non perdades a oportunidade de facervos con este excepcional libro, que segue a liña "diferenciadora", por así chamala, de Irmás Cartoné, nunha preciosa edición. Ademais, vén acompañado do seu propio marcapáxinas cortesía da editorial!


    0 comentarios → O triunfo do ovo, de Sherwood Anderson

    Publicar un comentario