• La primera meiga, de Juan J. Prieto

    Velaquí unha novidade moi especial: "La primera meiga", de Juan J. Prieto, que se estrea no mundo editorial con esta novela autoeditada.

    María regresa a Cangas co gallo do funeral da súa avoa, tras unha longa ausencia. As lembranzas dun pasado oculto e os designios dos seus devanceiros darán un xiro radical á súa vida. O padre Joseph, mentor na súa nenez, entregaralle en segredo o manuscrito dunha antepasada, pois ela é a "elixida" para cumprir a promesa eterna que esta fixo catro séculos atrás, ante os tribunais da Santa Inquisición.

    María veráse así envolta nunha trama que porá ao descuberto as interioridades da Igrexa e unha parte da súa escura historia. Coa fiel axuda dos seus inseparables amigos da nenez, deberá cumprir un destino cheo de trampas, traizóns e xiros inesperados polas fantásticas paraxes galegas e do Camiño de Santiago, mentres se enfronta aos retorcidos plans da Orde dos Monxes Negros, que a toda costa quererá evitar a transformación das estruturas da Santa Sede e as súas xerarquías.

    Ela terá o poder de elixir e da súa decisión dependerá o futuro da cristiandade, aínda que elo supoña poñer en entredito todo o que ata agora cría saber sobre Deus. A súa é unnha historia de amizade, entrega, sacrificio e lealdade ata as súas últimas consecuencias.

    Non perdas a oportunidade de facerte con esta extraordinaria novela a un prezo espectacular!



    0 comentarios → La primera meiga, de Juan J. Prieto

    Publicar un comentario