• Velaquí unha novidade moi especial: "La primera meiga", de Juan J. Prieto, que se estrea no mundo editorial con esta novela autoeditada.

    María regresa a Cangas co gallo do funeral da súa avoa, tras unha longa ausencia. As lembranzas dun pasado oculto e os designios dos seus devanceiros darán un xiro radical á súa vida. O padre Joseph, mentor na súa nenez, entregaralle en segredo o manuscrito dunha antepasada, pois ela é a "elixida" para cumprir a promesa eterna que esta fixo catro séculos atrás, ante os tribunais da Santa Inquisición.

    María veráse así envolta nunha trama que porá ao descuberto as interioridades da Igrexa e unha parte da súa escura historia. Coa fiel axuda dos seus inseparables amigos da nenez, deberá cumprir un destino cheo de trampas, traizóns e xiros inesperados polas fantásticas paraxes galegas e do Camiño de Santiago, mentres se enfronta aos retorcidos plans da Orde dos Monxes Negros, que a toda costa quererá evitar a transformación das estruturas da Santa Sede e as súas xerarquías.

    Ela terá o poder de elixir e da súa decisión dependerá o futuro da cristiandade, aínda que elo supoña poñer en entredito todo o que ata agora cría saber sobre Deus. A súa é unnha historia de amizade, entrega, sacrificio e lealdade ata as súas últimas consecuencias.

    Non perdas a oportunidade de facerte con esta extraordinaria novela a un prezo espectacular!



  • Estamos de noraboa! Por fin chegou o novo libro da editorial compostelá Irmás Cartoné. Trátase de "O triunfo do ovo", de Sherwood Anderson, traducido por Carlos Valdés e Celia Recarey.

    O señor Anderson penetrou nesa camada máis profunda e candente da natureza humana que sería frívolo etiquetar de nova ou vella, americana ou europea. Na súa determinación por ser "fiel á esencia das cousas", abriuse camiño ás apalpadas cara a algo auténtico, persistente, de relavancia universal, e en proba diso fixo o que, á fin e ao cabo, moi poucos autores logran facer: creou un mundo propio

    Virginia Woolf

    Non perdades a oportunidade de facervos con este excepcional libro, que segue a liña "diferenciadora", por así chamala, de Irmás Cartoné, nunha preciosa edición. Ademais, vén acompañado do seu propio marcapáxinas cortesía da editorial!



  • Se ben é certo, e como é habitual en nós, que vos podiamos conseguir calquera título "manga", ben fora de Ivrea, ECC ou calquera outra editorial, dende xa dispoñemos de stock na tenda deste tipo de BD.

    Así que, xa sabedes: Libraría Vagalume convértese dende xa na vosa tenda de referencia na que mercar manga!







  • O vindeiro venres 10, ás 8 da tarde, teremos connosco a José Ángel Ares, que ven presentar a BD "Bitcoin. La caza de Satoshi Nakamoto", da que é debuxante. Ares tamén é ilustrador dos libros do Apalpador escritos por Fernando M. Cimadevila e editados por Urco.

    Lembrade: este venres tedes unha cita en Libraría Vagalume. Non vos esquezades!