• O mundo secreto de Basilius Hoffman. A batalla por Avalon, de Fernando M. Cimadevila

    Por fin temos aquí a terceira entrega da saga  de fantasía xuvenil "O mundo secreto de Basilius Hoffman": "A batalla por Avalon", coma das veces anteriores escrito por Fernando M. Cimadevila e editado por Urco, e ilustrado neste caso por Jara Zambrano, tarefa desempeñadas nas entregas anteriores por Iván Valladares.

    A illa da sabedoría atópase en perigo, a Irmandade de Avalon debe enfrontarse á súa batalla definitiva contra un antigo mal que regresa para cumprir vinganza. O profesor Hoffman e o seu sobriño Peter veranse envolvidos nunha escura conspiración, que os levará a descubrir novos misterios e a desentrañar unha mentira que durante anos pesara sobre todos eles.

    Continúan as aventuras do profesor Basilius Hoffman: historiador e explorador de mundo ocultos, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa, que na súa procura do lendario Diario do Cartógrafo, verase enleado nunha aventura chea de asombrosas criaturas, incríbeis artefactos mecánicos, reliquias de inimaxinábel poder e, tamén, a descubrir a porta a un novo e fascinante mundo secreto.

    Se gustaches das novelas anteriores, non dubides en facerte con esta. E se non coñeces o mundo de Basilius Hoffman, xa estás tardando en facerte co teu exemplar de "O ladrón de soños", a primeira entrega da saga!

    O fantástico galego está moi vivo grazas a Fernando M. Cimadevila e a Urco Editora. E non só grazas a eles, porque Contos Estraños e Xosé Duncan en nada estarán pisando forte nas librarías de toda Galiza coa terceira entrega de "As Crónicas de Bran": "O Solpor dos Deuses". Estade antent@s!



    0 comentarios → O mundo secreto de Basilius Hoffman. A batalla por Avalon, de Fernando M. Cimadevila

    Publicar un comentario