• Velaquí o selo TUYOAZUL, da editorial Palabras Aladas, e o seu primeiro lanzamento, a Serie Azul, que xa está sendo todo un éxito de crítica por parte de libreiros especializados en literatura infantil e profesores.

    Este novo proxecto convídanos a coñecer a Azul, unha formiga que correrá todo clase de aventuras ao longo dos oito títulos que forman esta colección, e en cada un deles cambiará de ilustrador, pero non de personalidade. Porque o que fai única a Azul é que ten a súa propia maneira de pensar e de actuar, coma ti.

    E como unha imaxe vale máis que mil palabras, convidámosvos a ver un extracto dos dous primeiros títulos xa editados, "Azul. ¿Otra hormiga negra?" e "Poema Azul. El inicio edl combate".

    Mostra de "Azul"

    Mostra de "Poema Azul"

    aquí tedes a canción da hisotoria de Azul en Youtube.

    Xa disponibles na tenda!









  • Velaquí unha novidade recén chegada á nosa libraría: a editorial Titiris, adicada aos máis cativos da casa.

    Con títulos como "Dibuja a la bruja", "¡Es genial tener amigos" ou "El periódico del abuelo", presenta un catálogo do máis interesante orientado aos más pequeniños da casa, con  libros de cartón e DVDs educativos.

    A que estás agardando? Pasa por Libraría Vagalume e coñece á editorial Titiris!



  • Velaquí as fotos do contacontos que fixemos o sábado en A Casa do Gato.

    Mil grazas a María Lado, a autora, e a Antía Otero, de Apiario Editora. E, por suposto, mil grazas á xente de A Casa do Gato, por prestarnos o seu local!


























  • Por fin temos aquí a terceira entrega da saga  de fantasía xuvenil "O mundo secreto de Basilius Hoffman": "A batalla por Avalon", coma das veces anteriores escrito por Fernando M. Cimadevila e editado por Urco, e ilustrado neste caso por Jara Zambrano, tarefa desempeñadas nas entregas anteriores por Iván Valladares.

    A illa da sabedoría atópase en perigo, a Irmandade de Avalon debe enfrontarse á súa batalla definitiva contra un antigo mal que regresa para cumprir vinganza. O profesor Hoffman e o seu sobriño Peter veranse envolvidos nunha escura conspiración, que os levará a descubrir novos misterios e a desentrañar unha mentira que durante anos pesara sobre todos eles.

    Continúan as aventuras do profesor Basilius Hoffman: historiador e explorador de mundo ocultos, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa, que na súa procura do lendario Diario do Cartógrafo, verase enleado nunha aventura chea de asombrosas criaturas, incríbeis artefactos mecánicos, reliquias de inimaxinábel poder e, tamén, a descubrir a porta a un novo e fascinante mundo secreto.

    Se gustaches das novelas anteriores, non dubides en facerte con esta. E se non coñeces o mundo de Basilius Hoffman, xa estás tardando en facerte co teu exemplar de "O ladrón de soños", a primeira entrega da saga!

    O fantástico galego está moi vivo grazas a Fernando M. Cimadevila e a Urco Editora. E non só grazas a eles, porque Contos Estraños e Xosé Duncan en nada estarán pisando forte nas librarías de toda Galiza coa terceira entrega de "As Crónicas de Bran": "O Solpor dos Deuses". Estade antent@s!





  • O sábado 7 de Marzo, ás 5 da tarde, terá lugar en A Casa do Gato de Lalín, o contacontos do libro de Apiario Editora "Porque Cuqui non quere ir á lavadora", coa súa autora María Lado.

    Para coñecer a Cuqui, pinchade aquí

    Non dubidedes en traer aos máis pequenos da casa para que disfruten deste marabilloso conto!

    A Casa do Gato
    Rúa Ramón Aller, 5
    Telf. 986 792 090