• Retallos no vento, de Fernán Xosé Mourenza

    Seguimos traendo cousas novas! Neste caso, a novidade que vos presentamos hoxe é un libro moi especial.

    Trátase de "Retallos no vento", a primeira aposta pública e en solitario no mundo literario de Fernán Xosé Mourenza Ferxo.

    "Cada folla en branco é toda unha xanela ateigada de opcións, toda unha oferta de posibilidades que se perden polo éter da vida...De cando en vez, somos quen de retomar a consciencia e con ela, o camiño; logo, cómpre seguir a andaina, cada quen a súa e ás veces, coincidimos. Eu desexo coincidir..."

    "O vento, o mesmo que os outros tres elementos, nas súas diferentes formas e manifestacións, sempre nos achega e leva cousas; a miúdo, leva unhas e tráenos outras..."

    fx

    Non deixes pasar a oportunidade de facerte co teu exemplar deste libro tan singular!



    0 comentarios → Retallos no vento, de Fernán Xosé Mourenza

    Publicar un comentario