• Mr. Holmes, de Mitch Cullin

    Presentamos unha novela destinada especialmente, aínda que poder ser prato de bo gusto para calquera lector, a todos aqueles amantes dun dos personaxes máis queridos e admirados (e quizais odiados e envexados) da Literatura, así con maiúsculas: o grande Sherlock Holmes. O título da novela é "Mr. Homes" (pésima tradución do orixinal "A slight trick of the mind", por outra parte) e o seu autor é Mitch Cullin.

    Estamos en 1947. Sherlock Holmes retirouse da súa labor como investigador hai xa moito tempo e agora é un ancián. Vive nunha granxa remota, en Sussex, coa súa ama de chaves e o xoven fillo desta. Cada día atende ás súas abellas, escribe no seu diario e dade de conta de que vai perdendo facultades. Aínda que seguen propoñéndolle  casos, el está tan afastado desta vida que non quere nin escoitalos. Converteuse nun home rosmón e encerrado nas súas lembranzas.

    A través desas lembranzas chega a un momento da súa vida que ten que plantexarse preguntas que, tal vez, nin el mesmo sabía que tiña que resolver, e reflexionará sobre a súa vida, o amor, os límites das habilidades mentais e sobre a morte: a súa propia e a de aqueles que o rodean.

    "Mr. Holmes" é unha recreación excepcional dos últimos anos do detective máis coñecido do mundo e unha novela irresistible sobre os misterios das relacións humanas.



    0 comentarios → Mr. Holmes, de Mitch Cullin

    Publicar un comentario