• Cuentos para entender el mundo, de Eloy Moreno

    Velaquí unha novidade recén chegada á nosa libraría: trátase de "Cuentos para entender el mundo", un marabilloso libro de Eloy Moreno ilustrado por Pablo Zerda.

    E se son as pólas as que moven o vento? 

    Para todos aqueles que seguen a ser nenos aínda que os adultos os obriguen a disimulalo.

    En palabras do autor:

    Un día descubrín que había persoas que se perdían en 442 m2 e decidín escribir "El bolígrafo de gel verde". Aos poucos anos fun eu o que se perdeu polas rúas de Toledo e escribín "Lo que encontré bajo el sofá". E dende hai xa un tempo decateime de que, a partir dunha idade, a case ninguén lle contan contos.

    Durante estes anos os lectores déstesme tanto que me sentía en débeda convosco. Por iso decidín eu tamén entregarvos unha parte de min.

    Estes textos que vos traio modelaron dalgunha maneira a miña forma de ser. Son pequenos contos -xa case perdidos- de grandes autores que decidín adaptar aos tempos que corren. Modifiquei personaxes, situacións, a linguaxe... Pero a esencia segue a ser a mesma: esa que nos axuda a entender o mundo.

    Non perdas a oportunidade e faite con este libro tan especial, autoeditado polo propio Eloy Moreno.



    0 comentarios → Cuentos para entender el mundo, de Eloy Moreno

    Publicar un comentario