• Sherlock Holmes. El hombre que no existía, de Lem Ryan



    Velaquí, recén saídas do prelo, as novas obras do autor Lem Ryan, o mesmo que o seu anterior traballo, "La Frati Nigra", autoeditadas e finnaciadas mediante un crowdfunding na plataforma Verkami. Trátase da novela "Sherlock Holmes. El hombre que no existía" e do bolsilibro "Sherlock Holmes. Nunca Jamás", ademais de dúas espectaculares láminas en branco e negro das portadas dos libros a cargo do xenial Sergio Bleda.

    Ano 1905: No 221B de Baker Street ten lugar unha sesión de hipnotismo onde Sherlock Holmes, asistido polo eminente psiquiatra Sigmund Freud, tenta recuperar a memoria esquecida dun home que di chamarse Jorge Luís Borges. Tras convencerse da súa irremediable loucura, este é secuestrado por unhas estrañas criaturas.

    Ano 1934: Mentres agarda en Washington para reunirse co presidente Roosevelt, H.G. Wells aproveita para coñecer ao único familiar vivo dun antigo amigo ao que debe a vida, o soldado americano John Carter; pero o seu neto Randolph non acode á cita e en cambio si o fai un estraño hindú que di ser o seu representante. Despois deste encontro, Wells entrevístase co aínda xornalista do Gotham Gazette "Perry" White para falar sobre os meteoritos que están caendo en Smallville.

    Na actualidade: Sobre a azotea do xornal máis importante da metrópole, dous dos heroes máis grandes do planeta atópanse para facer fronte á terrible ameaza que se achega á Terra para devorala.

    Viaxes no tempo, seres extraterrestres, conspiracións internacionais e unha ameaza vinda do máis profundo do espazo que fará cambalear a propia realidade. Ademais de heroes coma Doc Savage, A Sombra, Allan Quatermain, John Carter de Marte... E, si, tamén un que proxecta unha sombra de morcego e outro vestido de vermello e azul quen de voar. E un arrepiante devoradro de mundos. E sadritas, moitos sadritas, aínda que algo diferentes aos que coñecedes, emparentados estes con bestas xurdidas do imaxinario de Lovecraft.



    0 comentarios → Sherlock Holmes. El hombre que no existía, de Lem Ryan

    Publicar un comentario