• El grito de la gaviota, de Emmanuelle Laborit

    Velaquí unha novidade de Seix Barral para este xaneiro de 2015: "El grito de la gaviota", de Emmanuelle Laborit.

    Emmanuelle é xorda de nacemento e non coñeceu outra cousa que o silencio. Para fuxir desta prisión, Emmanuelle berra. Berros de gaivota, din os seus pais. Aos sete anos Emmanuelle descubre a linguaxe de signos. O mundo ábrese entón fronte a ela e convértese nunha nena alegre. Sen embargo, na adolescencia a súa vida cambaléase: ao desasosego da idade engádeselle a rebeldía contra a negativa da sociedade a aceptar a súa linguaxe.

    Esta narración autobiográfica conta a historia dunha xoven que aos vintedous anos coñeceu xa a soidade absoluta, a dúbida e a desesperación, pero tamén a dita, a solidariedade e a fama. A infancia e a xuventude de Emmanuelle son o relato dunha loita por sobrevivir nun mundo "diferente" e polo recoñecemento dos dereitos de tres millóns de xordos franceses, ata conseguir que, en 1991, se ensine nos centros de educación a linguaxe de signos. E é tamén a historia da batalla persoal para atopar o seu lugar no mundo, que a levará a converterse nunha reputada actriz.

    "El grito de la gaviota" é un clásico da literatura de testemuño que vinte anos despois da primeira publicación en España segue fascinando aos lectores: "Un libro marabilloso e memorable", Booklist; "Unha voz extremadamente interesante, valente, xovial e sagaz", Publishers Weekly.



    0 comentarios → El grito de la gaviota, de Emmanuelle Laborit

    Publicar un comentario