• A última música das cousas, de Bieito Iglesias

    Non é unha novidade, pero si cremos que paga a pena reseñar agora este libro de poesía editado polo Centro PEN Galicia. Trátase de "A última música das cousas", de Bieito Iglesias.

    A memoria, o amor, a memoria ferida e o desexo contrariado son os preparos cos que cociñou este libro. A música foi composta no silencio impuro dos eidos ou nos patios das casopas de arrabaldo onde moraban os árcades mortos.

    Esta é a primeira ocasión na que Bieito Iglesias practica o intrusismo poético cun libro de versos. Etimolóxicamente un verso vén sendo un suco e chegou a unha idade en que lle apetece imitar aos devanceiros labradores.

    Como prosador ficcionista, Iglesias ten publicado seis novelas e cinco colectáneas de relatos, títulos entre os que cabe citar: "Miss Ourense", "Bajo las más bellas estrellas", "A vida apoteósica", "Pan e coitelo" ou "Contos da terra da tarde".




    0 comentarios → A última música das cousas, de Bieito Iglesias

    Publicar un comentario