• Dúas novas editoriais veñen aumentar o noso catálogo: trátase de O Figurante Edicións e Emerxente (páxina web).

    Para ir abrindo boca, vimos de recibir os seguintes títulos:

    - "Lusocuria", de Verónica Martínez Delgado.
    - "Espectros", de Rosa Enríquez.
    - "Argola", de Marta Dacosta.
    - "Maria", de Eli Ríos.
    - "Éirí Amach".
    - "Da casa nova", de Daniel Landesa.

    Calquera outro título, non dubidedes en pedírnolo!

    En nada, teremos outra novidade: os libros de Apiario Editora. Estade atent@s!



  • Velaquí unha novidade recén chegada da editorial Dibbuks, Premio Ciutat de Palma de Cómic 2012: "Las Damas de la Peste", de Javier Cosnava e Rubén del Rincón.

    Fe, Esperanza e Caridad buscan o seu destino a través da revolución de Asturias de 1934, a Guerra Civil Española, a Guerra Mundial e o Maio do 68 francés.

    Serán quen de achalo? Ou a guerra, a traizón, o amor e os malentendidos impediránllelo?

    Esta é a historia de tres mulleres que foron bautizadas como As Damas da Peste e, baixo este estigma, vivirán as súas vidas ata o final.

    Acompáñaas na súa viaxe... se te atreves.

    Non perdas esta sensacional historia acompañada dun espectacular debuxo!




  • Non é unha novidade, pero si cremos que paga a pena reseñar agora este libro de poesía editado polo Centro PEN Galicia. Trátase de "A última música das cousas", de Bieito Iglesias.

    A memoria, o amor, a memoria ferida e o desexo contrariado son os preparos cos que cociñou este libro. A música foi composta no silencio impuro dos eidos ou nos patios das casopas de arrabaldo onde moraban os árcades mortos.

    Esta é a primeira ocasión na que Bieito Iglesias practica o intrusismo poético cun libro de versos. Etimolóxicamente un verso vén sendo un suco e chegou a unha idade en que lle apetece imitar aos devanceiros labradores.

    Como prosador ficcionista, Iglesias ten publicado seis novelas e cinco colectáneas de relatos, títulos entre os que cabe citar: "Miss Ourense", "Bajo las más bellas estrellas", "A vida apoteósica", "Pan e coitelo" ou "Contos da terra da tarde".






  • Velaquí, recén saídas do prelo, as novas obras do autor Lem Ryan, o mesmo que o seu anterior traballo, "La Frati Nigra", autoeditadas e finnaciadas mediante un crowdfunding na plataforma Verkami. Trátase da novela "Sherlock Holmes. El hombre que no existía" e do bolsilibro "Sherlock Holmes. Nunca Jamás", ademais de dúas espectaculares láminas en branco e negro das portadas dos libros a cargo do xenial Sergio Bleda.

    Ano 1905: No 221B de Baker Street ten lugar unha sesión de hipnotismo onde Sherlock Holmes, asistido polo eminente psiquiatra Sigmund Freud, tenta recuperar a memoria esquecida dun home que di chamarse Jorge Luís Borges. Tras convencerse da súa irremediable loucura, este é secuestrado por unhas estrañas criaturas.

    Ano 1934: Mentres agarda en Washington para reunirse co presidente Roosevelt, H.G. Wells aproveita para coñecer ao único familiar vivo dun antigo amigo ao que debe a vida, o soldado americano John Carter; pero o seu neto Randolph non acode á cita e en cambio si o fai un estraño hindú que di ser o seu representante. Despois deste encontro, Wells entrevístase co aínda xornalista do Gotham Gazette "Perry" White para falar sobre os meteoritos que están caendo en Smallville.

    Na actualidade: Sobre a azotea do xornal máis importante da metrópole, dous dos heroes máis grandes do planeta atópanse para facer fronte á terrible ameaza que se achega á Terra para devorala.

    Viaxes no tempo, seres extraterrestres, conspiracións internacionais e unha ameaza vinda do máis profundo do espazo que fará cambalear a propia realidade. Ademais de heroes coma Doc Savage, A Sombra, Allan Quatermain, John Carter de Marte... E, si, tamén un que proxecta unha sombra de morcego e outro vestido de vermello e azul quen de voar. E un arrepiante devoradro de mundos. E sadritas, moitos sadritas, aínda que algo diferentes aos que coñecedes, emparentados estes con bestas xurdidas do imaxinario de Lovecraft.



  • Velaquí unha novidade de Seix Barral para este xaneiro de 2015: "El grito de la gaviota", de Emmanuelle Laborit.

    Emmanuelle é xorda de nacemento e non coñeceu outra cousa que o silencio. Para fuxir desta prisión, Emmanuelle berra. Berros de gaivota, din os seus pais. Aos sete anos Emmanuelle descubre a linguaxe de signos. O mundo ábrese entón fronte a ela e convértese nunha nena alegre. Sen embargo, na adolescencia a súa vida cambaléase: ao desasosego da idade engádeselle a rebeldía contra a negativa da sociedade a aceptar a súa linguaxe.

    Esta narración autobiográfica conta a historia dunha xoven que aos vintedous anos coñeceu xa a soidade absoluta, a dúbida e a desesperación, pero tamén a dita, a solidariedade e a fama. A infancia e a xuventude de Emmanuelle son o relato dunha loita por sobrevivir nun mundo "diferente" e polo recoñecemento dos dereitos de tres millóns de xordos franceses, ata conseguir que, en 1991, se ensine nos centros de educación a linguaxe de signos. E é tamén a historia da batalla persoal para atopar o seu lugar no mundo, que a levará a converterse nunha reputada actriz.

    "El grito de la gaviota" é un clásico da literatura de testemuño que vinte anos despois da primeira publicación en España segue fascinando aos lectores: "Un libro marabilloso e memorable", Booklist; "Unha voz extremadamente interesante, valente, xovial e sagaz", Publishers Weekly.





  • Velaquí, recén saído do prelo, un deses proxecto financiado mediante un crowdfunding na plataforma Verkami. Trátase de "El silencioso amigo del viento", un conto escrito por Lisi Gutiérrez e ilustrado por Rafael Jaramillo que ten por protagonista a un galgo moi especial.

    Un galgo negro, nacido para correr e perseguir á lebre. A vida no campo, nas estradas. O seus soños. Un segredo co vento.

    Non perdas este extraordinario libro, un auténtico éxito no seu crowdfunding!