• Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, do grupo Ronseltz



    Xa están aquí! Despois duns días agardando, por fin temos na libraría a reposición do libro de Edicións Positivas "Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados", do grupo Ronseltz. A primeira fornada non chegou nin ao estante!

    Tras publicar este libro, o grupo Ronseltz decidiu disolverse amigablemente por non reunir os requisitos de Peterson para constituír unha xeración. Entra así, por dereito, na historia dos colectivos míticos da cultura galega.

    A que estás agardando? Non perdas a oportunidade de facerte co teu exemplar deste singular e excepcional libro formado por todo un conxunto de poesías que non deixan indiferente a ninguén!

    Voan!






    0 comentarios → Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, do grupo Ronseltz

    Publicar un comentario