• La doble vida de las hadas, de Santi Balmes

    Velaquí a segunda edición do libro "La doble vida de las hadas", escrito por Santi Balmes e editado por Principal de los Libros.

    "Piensa en la nieve cegadoramente blanca de las altas montañas. Piensa entonces en la nieve, cuando está cerca del hombre y es, una y otra vez pisoteada. Piensa en las nieves sucias. Quizás este cuento debería llamarse El hada de las nieves sucias".

    Todo o mundo pasa por malas épocas, incluso os seres máxicos. Pero as fadas, como todos, tamén teñen momentos de felicidade, efímera ou non. Porque niso consiste a dualidade da vida.

    Fadas deprimidas, mutantes quen de condensar un mes nun segundo, mofetas psíquicas, peixes explosivos e inquilinos inmortais poboan o mundo dos relatos de Santi Balmes, onde el mesmo se somerxe como protagonista, mesturando realidade e ficción co seu inconfundible estilo a cabalo entre o humor e a lírica.

    Se buscas unha lectura rompedora e, sobre todo, diferente, "La doble vida de las hadas" é unha das mellores eleccións!



    0 comentarios → La doble vida de las hadas, de Santi Balmes

    Publicar un comentario