• 13 historietas de terror ibérico

    Velaquí unha novidade de Diábolo Ediciones na colección "Cthulhu temáticos": "13 historietas de terror ibérico".

    Con este temático de TERROR IBÉRICO quérese afondar no imaxinario sobrenatural autóctono, naquilo que nos distingue doutras culturas e sensibilidades, no folclore e nas tradicións típicas da nosa terra, en lugares ou feitos concretos do acervo cultural patrio.

    Foron rexeitadas as historias de vampiros, homes lobo (sí lobisomes), mortos vivintes e todos aqueles trasuntos do xénero que non teñan a súa correspondencia ibérica. Con el, os autores da revista CTHULHU móstrannos as posibilidades e a riqueza dunha ficción escura de claro acento español.

    Vide a coñecer á raíña loba, ao conxurador de tormentas que se enfronta á mesmísima deusa Mari, os secuaces de Romasanta achando no profundo das fragas o castigo á súa impía sede de sangue, unha cruz erixida polo mesmísimo diaño para castigo das hordas napoleónicas e as sempre inquedantes meigas, que ofrecían prodixios eremdios a un pobo sumido nas miasmas da superstición e a ignorancia...

    Un título imprescindible!



    0 comentarios → 13 historietas de terror ibérico

    Publicar un comentario