• Contos Estraños. Segunda Era



    Volve "Contos Estraños"!

    Despois dun tempo de ausencia, por fin temos connosco o último volume de "Contos Estraños", que como o seu mesmo título indica, abre a "Segunda Era".

    Neste volume recóllense os relatos dunha nova fornada de escritores de literatura fantástica aos que xa algún denominan "Xeración Estraña". As narracións de medo, anticipación, fantasía épica e, como non, "agroterror" enchen as páxinas desta Segunda Era de Contos Estraños e transpórtannos a un outro lugar onde abrollan os soños febrís, as visións oníricas e os medos da alma.

    Este novo tomo recolle vintetrés relatos curtos do mellor fantástico galego, con autores como Xosé Duncan, Tomás González Ahola, Vanesa Santiago e Roberto A. Rodrigues.

    A que estás agardando? Vén xa a polo teu exemplar!




    0 comentarios → Contos Estraños. Segunda Era

    Publicar un comentario