• Serie B, de Andrés G. Leiva

    Velaquí unha das novidades recén chegadas da editorial Dibbuks: "Serie B", de Andrés G. Leiva.

    Unha muller moi, moi grande, xigante pero quebradiza coma un brote tenro. Homes-anfibio incapaces de respirar fóra da auga. Un astrónomo-xornalista victoriano obsesionado por un paraíso na Lúa. Unha inquedante e misteriosa muller en busca da súa filla perdida. Evelyn e o doutor Corman perseguindo o elixir da eterna xuventude. Baleeiros que semellan piratas e un pirata xogando a ser pescador de baleas agochando un gran tesouro.

    Póñanse cómodos na butaca e dispóñanse a pasear por esta película de SERIE B onde todo ten cabida: o relato victoriano, as historias do mar, a guerra fría, a ciencia ficción pulp, a amizade e o amor.

    Unha marabillosa obra, moi digna homenaxe a ese tipo de películas, as de serie B, que, por méritos propios, constitúen xa case un auténtico xénero cinematográfico.



    0 comentarios → Serie B, de Andrés G. Leiva

    Publicar un comentario