• Relatos insólitos, antoloxía coordinada por Rubén Serrano

    Velaquí unha recopilación de relatos de terror a cargo de Rubén Serrano e editado por Arconte Ediciones.

    "Relatos insólitos" é unha antoloxía de historias extrañas, un compendio de narracións marabillosas e sorprendentes, a medio camiño entre o terror e a fantasía.

    Os contos enlazan coa denominada weird fiction ou ficción estraña, e están deseñados, máis que para asustar, para provocar unha sensación de inquietude e asombro no lector...

    O presente volume foi compilado e dirixido polo escritor e antólogo Rubén Serrano, que reuniu á mellor selección de autores do fantástico español actual, destacando especialmente os xeniais Lem Ryan e Juan de Dios Garduño e Laura Gallego, ademais de contar con textos de dous dos mestres do xénero weird como H.P. Lovecraft e Robert E. Howard.



    0 comentarios → Relatos insólitos, antoloxía coordinada por Rubén Serrano

    Publicar un comentario