• Presentación de Eu estaba alí. Pequenas historias de Galiza, con Afonso Eiré

    Como vén sendo habitual en nós, non só organizamos presentacións de libros na nosa libraría, senón que procuramos participar en todas aquelas iniciativas levadas a cabo, xeralmente, no Museo Ramón María Aller. Neste caso, poremos o noso pequeno gran de area, facilitando a compra dos libros, nunha presentación organizada por Hércules Ediciones e Afonso Eiré, que vén a Lalín a falar da súa obra "Eu estaba alí. Pequenas historias de Galiza", coa participación de Rafael Cuiña.

    A presentación terá lugar no museo o vindeiro xoves, día 13 de Novembro, ás 8 e media da tarde. Non faltedes!

    Libraría Vagalume, sempre apoiando a difusión da cultura na nosa vila.







    0 comentarios → Presentación de Eu estaba alí. Pequenas historias de Galiza, con Afonso Eiré

    Publicar un comentario