• Los últimos días de nuestros padres, de Joël Dicker

    Velaquí unha das novidades máis agardadas de Alfaguara. Trátase de "Los últimos días de nuestros padres", primeiro libro de Joël Dicker, que a editorial publica despois do éxito colleitado polo autor con "La verdad sobre el caso Harry Quebert".

    En 1940 Winston Churchill ten unha idea que cambiará o curso da guerra: crear unha nova sección dos servicios secretos, o Special Operations Executive (SOE), para levar a cabo accións de sabotaxe dende o interior das liñas inimigas. Uns meses máis tarde, o xoven Paul-Émile deixa París rumbo a Londres coa esperanza de unirse á Resistencia. O SOE non tarda en chamalo ás súas filas, xunto a un grupo de xoves compañeiros. Tras dun adestramento brutal, os poucos elixidos coñecerán o amor, o medo e a amizade, e serán enviados en misión á Francia ocupada. Pero o contraespionaxe alemán xa foi alertado.

    Un novísimo Joël Dicker, que logo asombrará a máis de dous millóns de lectores con "La verdad sobre el caso Harry Quebert", aborda un feito da Segunda Guerra Mundial que foi mantido en segredo durante anos, e demostra, nesta novela gañadora do Premio dos Escritores Xinebrinos, o seu talento para crear unha historia e uns personaxes inesquecibles.



    0 comentarios → Los últimos días de nuestros padres, de Joël Dicker

    Publicar un comentario