• Volve "Contos Estraños"!

    Despois dun tempo de ausencia, por fin temos connosco o último volume de "Contos Estraños", que como o seu mesmo título indica, abre a "Segunda Era".

    Neste volume recóllense os relatos dunha nova fornada de escritores de literatura fantástica aos que xa algún denominan "Xeración Estraña". As narracións de medo, anticipación, fantasía épica e, como non, "agroterror" enchen as páxinas desta Segunda Era de Contos Estraños e transpórtannos a un outro lugar onde abrollan os soños febrís, as visións oníricas e os medos da alma.

    Este novo tomo recolle vintetrés relatos curtos do mellor fantástico galego, con autores como Xosé Duncan, Tomás González Ahola, Vanesa Santiago e Roberto A. Rodrigues.

    A que estás agardando? Vén xa a polo teu exemplar!




  • Libraría Vagalume e O Circo do Mundo presentan o contacontos de "Antón e o Apalpador", con Barafunda Animación.

    Sábado 22 de Novembro, 5 da tarde, en O Corcop do Mundo (Rúa Rosalía de Castro, 38 - Lalín)

    Ver vídeo



  • Mañá, 21 de Novembro, teremos o pracer de contar coa presenza do autor Fernando Cabeza Quiles, que vén falar da súa obra "A toponimia celta de Galicia".

    A presentación e firma de exemplares terá lugar ás 8 da tarde.

    Non faltedes!















  • Velaquí unha das novidades máis agardadas de Alfaguara. Trátase de "Los últimos días de nuestros padres", primeiro libro de Joël Dicker, que a editorial publica despois do éxito colleitado polo autor con "La verdad sobre el caso Harry Quebert".

    En 1940 Winston Churchill ten unha idea que cambiará o curso da guerra: crear unha nova sección dos servicios secretos, o Special Operations Executive (SOE), para levar a cabo accións de sabotaxe dende o interior das liñas inimigas. Uns meses máis tarde, o xoven Paul-Émile deixa París rumbo a Londres coa esperanza de unirse á Resistencia. O SOE non tarda en chamalo ás súas filas, xunto a un grupo de xoves compañeiros. Tras dun adestramento brutal, os poucos elixidos coñecerán o amor, o medo e a amizade, e serán enviados en misión á Francia ocupada. Pero o contraespionaxe alemán xa foi alertado.

    Un novísimo Joël Dicker, que logo asombrará a máis de dous millóns de lectores con "La verdad sobre el caso Harry Quebert", aborda un feito da Segunda Guerra Mundial que foi mantido en segredo durante anos, e demostra, nesta novela gañadora do Premio dos Escritores Xinebrinos, o seu talento para crear unha historia e uns personaxes inesquecibles.



  • Como vén sendo habitual en nós, non só organizamos presentacións de libros na nosa libraría, senón que procuramos participar en todas aquelas iniciativas levadas a cabo, xeralmente, no Museo Ramón María Aller. Neste caso, poremos o noso pequeno gran de area, facilitando a compra dos libros, nunha presentación organizada por Hércules Ediciones e Afonso Eiré, que vén a Lalín a falar da súa obra "Eu estaba alí. Pequenas historias de Galiza", coa participación de Rafael Cuiña.

    A presentación terá lugar no museo o vindeiro xoves, día 13 de Novembro, ás 8 e media da tarde. Non faltedes!

    Libraría Vagalume, sempre apoiando a difusión da cultura na nosa vila.







  • Velaquí unha das novidades recén chegadas da editorial Dibbuks: "Serie B", de Andrés G. Leiva.

    Unha muller moi, moi grande, xigante pero quebradiza coma un brote tenro. Homes-anfibio incapaces de respirar fóra da auga. Un astrónomo-xornalista victoriano obsesionado por un paraíso na Lúa. Unha inquedante e misteriosa muller en busca da súa filla perdida. Evelyn e o doutor Corman perseguindo o elixir da eterna xuventude. Baleeiros que semellan piratas e un pirata xogando a ser pescador de baleas agochando un gran tesouro.

    Póñanse cómodos na butaca e dispóñanse a pasear por esta película de SERIE B onde todo ten cabida: o relato victoriano, as historias do mar, a guerra fría, a ciencia ficción pulp, a amizade e o amor.

    Unha marabillosa obra, moi digna homenaxe a ese tipo de películas, as de serie B, que, por méritos propios, constitúen xa case un auténtico xénero cinematográfico.



  • Velaquí unha recopilación de relatos de terror a cargo de Rubén Serrano e editado por Arconte Ediciones.

    "Relatos insólitos" é unha antoloxía de historias extrañas, un compendio de narracións marabillosas e sorprendentes, a medio camiño entre o terror e a fantasía.

    Os contos enlazan coa denominada weird fiction ou ficción estraña, e están deseñados, máis que para asustar, para provocar unha sensación de inquietude e asombro no lector...

    O presente volume foi compilado e dirixido polo escritor e antólogo Rubén Serrano, que reuniu á mellor selección de autores do fantástico español actual, destacando especialmente os xeniais Lem Ryan e Juan de Dios Garduño e Laura Gallego, ademais de contar con textos de dous dos mestres do xénero weird como H.P. Lovecraft e Robert E. Howard.