• Escribir na multitude. A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos, de Martín Veiga

    Velaquí unhas das últimas novidades da editorial Toxosoutos: "Escribir na multitude. A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos", de Martín Veiga.

    A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos (1935-92) acadou nos últimos anos recoñecemento unánime e considerábel atención crítica, fenómenos que atoparon a súa culminacón cando en 2003 se lle dedicu o Día das Letras Galegas. A pesar desta canonización aparente, "Escribir na multitude. A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos" constitúe a primeira monografía en ofrecer unha análise detallada e rigorosa da totalidade das claves esenciais da súa obra, ata o de agora só estudada de xeito parcial. Tras fixar de vez os parámetros cronolóxicos correspondentes ás súas distintas etapas creativas e os trazos estilísticos fundamentais da súa produción, este libro examina aspectos como a dimensión metapoética da obra de Avilés de Taramancos, as fecundas relacións intertextuais e interdiscursivas que establece coa poesía doutros autores e tradicións, e as confluencias existentes entre o seu discurso literario e os alicerces da súa definición identitaria. Froito dunha reflexión demorada sobre a produción dun dos poetas máis sobranceiros da literatura galega contemporánea, Martín Veiga propón en "Escribir na multitude" unha viaxe apaixonante dunha obra ricaz, profunda e luminosa.

    Non deixes pasar a oportunidade e faite con este libro, adicado a un dos autores máis emblemáticos da literatura galega!



    0 comentarios → Escribir na multitude. A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos, de Martín Veiga

    Publicar un comentario