• El Eterno, de Joann Sfar

    Velaquí unha novidade de Reservoir Books recén saído do prelo: "El Eterno", de Joann Sfar.

    Os vampiros non existen. A psicoanálise non funciona. Estaban verdadeiramente feitos para non atoparse.

    Ionas, xoven violinista xudeu, morre nunha batalla en 1917 e, para a súa desgracia, regresa á vida en forma de vampiro. Dende entón só ten unha obsesión: reencontrarse co amor da súa vida, Hiéléna. A súa nova vida de vampiro, sen embargo, tráelle complicacións, pois ten que beber sangue para alimentarse, o que o fai sentir tremendamente culpable e deprimido.

    Case un século despois, Ionas vive en Nova York e atopa en Rebecka Streisand, unha psicoanalista que acaba de quedar viúva dunha famosa estrela do rock, unha figura que o axudará a superar a súa soidade e a súa culpabilidade. Despois de tantos anos, quizais sexa posible vivir en harmonía cos seus demos.

    "A novela máis orixinal do ano. Sfar sopra nunha copa de viño branco e aparecen burbullas de champán", Thierry Fandillot, Les Echos.

    "Joann Sfar é o Picasso do século XXI", Javier Mariscal.



    0 comentarios → El Eterno, de Joann Sfar

    Publicar un comentario