• A vitoria final, de Iban Zaldua e Julen Ribas

    Sempre é un orgullo para nós, dende a nosa modesta posición, traervos algunha novidade de Urco Editora, unha editorial 100% galega que rema, moitas veces a contracorrente, a favor de facer unha literatura en galego de calidade, tanto traduciendo á nosa lingua clásicos que nunca viran a luz en galego como publicando extraordinarias novelas de autores da terra. Nesta ocasión, o orgullo é dobre, dado que hoxe vos presentamos a primeira BD publicada pola editorial: "A vitoria final", de Iban Zaldua e Julen Ribas.

    A tenente Sigfrid Frisch devece polos cómics. Leos na comisaría de policía cando non ten outra angueira. Mais en poucas ocasións pode rematar a lectura tranquilamente. Recibe un aviso xusto cando está a ler o cómic clásico que conta como gañou Alemaña a II Guerra Mundial: uns cativos atoparon un cadáver nun gran canal. Ao chegar ao lugar dos feitos decátase de que terá problemas co caso. Ao pé do corpo, alén da policía, andan unha Oberstandartenfürher das SS e os seus soldados a fisgar. Que fan alí? Só é un afogado. O cadáver non ten identificación e na man hai un papel do que termaba con forza. E o máis sorprendente: o bandullo ten embigo! Algo imposíbel na Alemaña de 2052, ano CVII da Vitoria. Non, non será un caso doado.

    Non perdas esta xenial BD, traducida directamente do euskera, gañadora do Premio Euskadi de Literatura 2012 á Mellor obra na categoría Literatura infantil e xuvenil en euskera.



    0 comentarios → A vitoria final, de Iban Zaldua e Julen Ribas

    Publicar un comentario