• Velaquí están, recén saídas do prelo, as reedicións, a cargo de Anagrama, dalgúns dos libros de Patrick Modiano, gañador do Premio Nobel de Literatura 2014:

    - "Calle de las Tiendas Oscuras" (2009), 3ª edición.
    - "El horizonte" (2010), 2ª edición.
    - "La hierba de las noches" (2014), 2ª edición.
    - "En el café de la juventud perdida" (2008), 6ª edición.

    Non deixes de ler estas novelas imprescindibles dun autor que, por méritos propios, vén de entrar no Olimpo de escritores galardonados co Nobel de Literatura.



  • Velaquí unhas das últimas novidades da editorial Toxosoutos: "Escribir na multitude. A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos", de Martín Veiga.

    A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos (1935-92) acadou nos últimos anos recoñecemento unánime e considerábel atención crítica, fenómenos que atoparon a súa culminacón cando en 2003 se lle dedicu o Día das Letras Galegas. A pesar desta canonización aparente, "Escribir na multitude. A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos" constitúe a primeira monografía en ofrecer unha análise detallada e rigorosa da totalidade das claves esenciais da súa obra, ata o de agora só estudada de xeito parcial. Tras fixar de vez os parámetros cronolóxicos correspondentes ás súas distintas etapas creativas e os trazos estilísticos fundamentais da súa produción, este libro examina aspectos como a dimensión metapoética da obra de Avilés de Taramancos, as fecundas relacións intertextuais e interdiscursivas que establece coa poesía doutros autores e tradicións, e as confluencias existentes entre o seu discurso literario e os alicerces da súa definición identitaria. Froito dunha reflexión demorada sobre a produción dun dos poetas máis sobranceiros da literatura galega contemporánea, Martín Veiga propón en "Escribir na multitude" unha viaxe apaixonante dunha obra ricaz, profunda e luminosa.

    Non deixes pasar a oportunidade e faite con este libro, adicado a un dos autores máis emblemáticos da literatura galega!



  • Sempre é un orgullo para nós, dende a nosa modesta posición, traervos algunha novidade de Urco Editora, unha editorial 100% galega que rema, moitas veces a contracorrente, a favor de facer unha literatura en galego de calidade, tanto traduciendo á nosa lingua clásicos que nunca viran a luz en galego como publicando extraordinarias novelas de autores da terra. Nesta ocasión, o orgullo é dobre, dado que hoxe vos presentamos a primeira BD publicada pola editorial: "A vitoria final", de Iban Zaldua e Julen Ribas.

    A tenente Sigfrid Frisch devece polos cómics. Leos na comisaría de policía cando non ten outra angueira. Mais en poucas ocasións pode rematar a lectura tranquilamente. Recibe un aviso xusto cando está a ler o cómic clásico que conta como gañou Alemaña a II Guerra Mundial: uns cativos atoparon un cadáver nun gran canal. Ao chegar ao lugar dos feitos decátase de que terá problemas co caso. Ao pé do corpo, alén da policía, andan unha Oberstandartenfürher das SS e os seus soldados a fisgar. Que fan alí? Só é un afogado. O cadáver non ten identificación e na man hai un papel do que termaba con forza. E o máis sorprendente: o bandullo ten embigo! Algo imposíbel na Alemaña de 2052, ano CVII da Vitoria. Non, non será un caso doado.

    Non perdas esta xenial BD, traducida directamente do euskera, gañadora do Premio Euskadi de Literatura 2012 á Mellor obra na categoría Literatura infantil e xuvenil en euskera.



  • Este xoves 16 de Outubro, terá lugar ás 8 da tarde no IES Laxeiro de Lalín, a presentación do libro "Zapatillas Rotas", escrito por Xabier Quiroga e editado por Xerais.

    Non faltedes a este acto, organizado por Libraría Vagalume e a Federación de Libreiros de Galicia, no que poderedes levar o voso exemplar desta fantástica novela persoalmente asinado polo autor!

    Lembrade: o xoves 16 de Outubro, ás 8, no IES Laxeiro.









  • Velaquí unha novidade de Reservoir Books recén saído do prelo: "El Eterno", de Joann Sfar.

    Os vampiros non existen. A psicoanálise non funciona. Estaban verdadeiramente feitos para non atoparse.

    Ionas, xoven violinista xudeu, morre nunha batalla en 1917 e, para a súa desgracia, regresa á vida en forma de vampiro. Dende entón só ten unha obsesión: reencontrarse co amor da súa vida, Hiéléna. A súa nova vida de vampiro, sen embargo, tráelle complicacións, pois ten que beber sangue para alimentarse, o que o fai sentir tremendamente culpable e deprimido.

    Case un século despois, Ionas vive en Nova York e atopa en Rebecka Streisand, unha psicoanalista que acaba de quedar viúva dunha famosa estrela do rock, unha figura que o axudará a superar a súa soidade e a súa culpabilidade. Despois de tantos anos, quizais sexa posible vivir en harmonía cos seus demos.

    "A novela máis orixinal do ano. Sfar sopra nunha copa de viño branco e aparecen burbullas de champán", Thierry Fandillot, Les Echos.

    "Joann Sfar é o Picasso do século XXI", Javier Mariscal.