• Feira do Vento 2014



    Os vindeiros 20 e 21 de Setembro (sábado e domingo), celébrase en Lalín, no entorno da Praza da Torre/Praza das Pipas, a Feira do Vento, na que que estarán presentes multitude de postos de artesanía, unha exposición de fotos e na que tamén estaremos nós, fomentando coma sempre a cultura e dando apoio a todas as actividades que ao longo da tarde do sábado van ter lugar. Despois de cada presentación/contacontos/lectura de fragmentos de obras, teredes a oportunidade de facervos co voso exemplar de cada libro adicado persoalmente polo autor no noso posto.

    O programa de actividades literarias para o sábado tarde é o seguinte:

    17.30. Contacontos de "O soño de Esther", con Miguel Ángel Alonso Diz.
    18.30. Inacio e Iván Suárez falarán da súa labor conxunta nos cómics adicados á vida de Castelao: "O pobre tolo", "Titoán" e "Máis alá!".
    19.00. Lectura de fragmentos da obra "Testigos oculares" polo seu autor, Javier S. González.
    20.00. Textos de Carlos Negro, na voz do propio autor.
    20.30. Presentación da obra "Fóra de portas", biografía de Roberto Vidal Bolaño, a cargo do seu propio fillo, Roi Vidal Ponte.

    Non faltedes!




    0 comentarios → Feira do Vento 2014

    Publicar un comentario