• Platero y yo, de Juan Ramón Jiménez, ilustrado por David González

    E que ten de novidoso que agora nos estean a anunciar unha nova edición de "Platero y yo", de Juan Ramón Jiménez?, vos estaredes preguntando... E con razón. Pero o motivo de falarvos agora deste clásico da literatura española é a nova edición marabillosamente ilustrada por David González e editada por Ediciones Jaguar na súa colección Entintados.

    Platero é pequeno, peludo, suave, e o protagonista dun dos libros máis belos e conmoveodres da narrativa lírica de todos os tempos.

    Juan Ramón Jiménez, premio Nobel de literatura en 1956, conseguiu contar a vida e a morte do burro Platero de tal manera que non houbera neno ou adulto quen de resistirse ao sorriso ou ás bágoas, emocións que se intensifican aínda máis nesta nova edición ilustrada por David González, que non poderá deixar a ninguén impasible.

    Non perdas unha xoia coma esta, na que se combinan o marabilloso texto de Juan Ramón Jiménez, coñecido por todos, coas impresionantes ilustracións de David González.



    0 comentarios → Platero y yo, de Juan Ramón Jiménez, ilustrado por David González

    Publicar un comentario