• La niña de los cabellos rojizos, de Iván H. Prió e Martillo

    Velaquí unha novidade das que estamos acostumados a ofrecervos: algo novidoso e case exclusivo. Trátase de "La niña de los cabellos rojizos", un precioso libro ilustrado da novísima editorial Filferro, que con este o seu primeiro título comeza o seu camiño no mundo editorial.

    A nena dos cabelos avermellados e o seu gato, Benito, entran e saen sa túa cabeza cando pechas os ollos. Pode que non o saibas pero, xusto agora mesmo, agóchanse detrás de ti. Quizais sexa unha máis das súas trasnadas. Ou quizais sexa, tan só, outro soño. Saberálo ao espertar. Cando deixes atrás as presas. Cando mañá non teña nin a metade de importancia que hoxe. Cando aprendas a sacar a xogar á nena dos cabelos avermellados que agochas no teu interior. Tan só entón poderás sentar na silla que, agora, dorme arrodeada de erres.

    Non perdas oportunidade de facerte con este extraordinario libro que, ademais, vén acompañado dunha bonita bolsa de tela da mesma cor que o cabelo da protagonista.



    0 comentarios → La niña de los cabellos rojizos, de Iván H. Prió e Martillo

    Publicar un comentario