• Epistolario diverso, de Xosé Neira Vilas

    Velaquí o último libro de Xosé Neira Vilas, o prolífico escritor (de hai nada de tempo é "días de Cuba", editado por Galaxia) de Gres, Vila de Cruces: "Epistolario diverso", editado por Edicións Embora.

    Neira Vilas viviu 43 anos na diáspora americana, afastado físicamente da terra que o viu nacer. Afíxose deseguida á vida cotiá e as culturas doutros pobos; vencellouse ás súas institucións, e en xeral foi acollido con agarimo. En resumo, adaptouse sen maiores dificultades. Aínda que percorreu diversos países, o máis do tempo residiu sucesivamente na Arxentina e en Cuba, a onde teñen emigrado milleiros de galegos. Investigou a presenza galega nesas áreas, o que motivaría algúns dos seus libros máis significativos. Pero o seu cavilar e o seu sentir máis íntimos tiveron sempre, como irrenunciable razón de ser, o país onde nacera. Viviu, pois, "sempre en Galicia", e tras afastarse do seu territorio, do seu latexar de cada día, escribiuse con moitas persoas, con moitos homes e mulleres animados polas mesmas inquedanzas. Por eso cando retornou ó eido orixinario -a primeira vez tardou vintecatro anos-, poucas cousas o sorprenderos, poucos aconteceres lle resultaban alleos.

    Ata hoxe leva publicado "Cartas de vellos amigos" (Galaxia, 2010), con máis de 300 comunicacións. Virían logo outros volumes. Agora, en "Epistolario diverso" dá a coñecer cartas recibidas por unha chea de personalidades e artistas, e ademais vintecinco mensaxes "de fóra", é dicir, procedentes de diversos paíse de Asia, Europa e América (filólogos, historiadores, antropólogos, poetas...). Esta correspondencia forma un abano moi variado de temas, unha colectánea de noticias, proxectos, indagacións, todo relacionado con Galicia, motivo central e diverso deste ir e vir epistolar mantido, ás máis das veces, por enriba do Atlántico.

    A que estás agardando? Non perdas a oportunidade de facerte co teu exemplar deste marabilloso libro dun dos escritores máis queridos da literatura galega.



    0 comentarios → Epistolario diverso, de Xosé Neira Vilas

    Publicar un comentario