• Aquel verano, de Jillian e Mariko Tamaki

    Velaquí unha nova proposta da editorial La Cúpula: "Aquel verano", escrito por Mariko Tamaki e debuxado por Jillian Tamaki.

    UN VERÁN INESQUECIBLE.

    Rose e os seus pais levan veraneando en Awago Beach dende que ela era cativa. É a súa escapada anual, o seu refuxio. A súa amiga Windy tamén está alí sempre, como a irmá pequena que nunca tivo, completando a súa familia de verán.

    Pero este verán é diferente.

    A nai de Rose e o seu pai non deixan de discutir, e as nenas vénse envoltas nunha traxedia que pende sobre a pequena vila costeira. É un verán de segredos e angustias, pero polo menos téñense a unha á outra.

    En "Aquel verano", as curmás Jillian e Mariko Tamaki redefinen a novela gráfica adolescente. Espléndida, desgarradora e en última instancia un sopro de esperanza, esta obra é unha ollada vibrante á xuventude e a madureza.



    0 comentarios → Aquel verano, de Jillian e Mariko Tamaki

    Publicar un comentario