• Poesía en galego



    Unha das cousas da nosa libraría das que máis desfrutan os nosos clientes é a poesía en galego. É por iso que sempre procuramos ofrecerlles un amplo abanico de posibilidades.

    Dende hai un tempo, unha das editoriais coas que traballamos a miúdo é Edicións Positivas, cuxa colección Di-Versos, adicada á poesía, é un top ventas en Libraría Vagalume. É por iso que a títulos como "Balea2", "Pornografía" ou "Ningún amante sabe conducir", súmanse "Inflamable", de Samuel L. París, "Ouveo e outros poemas", de Allen Ginsberg, "Canto de min mesmo", de Walt Whitman, "Choiva, vapor e velocidade", de Raúl Gómez Pato, "Cantos e fragmentos", de Safo e "Poemas 1981-1991", de Lois Pereiro.

    Tamén tedes ao voso alcance, entre outros moitos, os títulos "A distancia do tambor", de Eva Veiga e"Un pouco da ácima miséria", de Amadeu Baptista, ámbolos dous da editorial Espiral Maior, "Estrela do Norte", de Luis Rei Núñez e "Os ángulos da brasa", de Manuel Álvarez Torneiro, editados por Faktoría K de Libros, ou o libro-disco autoeditado "Farrapos de boneca", de Rochi Nóvoa.

    A que estades agardando? A poesía en galego está viva en Libraría Vagalume!



    0 comentarios → Poesía en galego

    Publicar un comentario