• Orlando, de Virginia Woolf

    Velaquí unha das máis recentes novidades na nosa libraría: "Orlando", de Virginia Woolf, por primeira vez en galego, a cargo da novísima editorial Irmás Cartoné e, polo momento, o seu único título.

    Publicada en 1928 por Hogarth Press, o selo editorial fundado por Virginia Woolf e o seu marido, "Orlando" é  a un tempo novela, xogo e, como ben dixo o fillo da interesada, unha fermosa carta de amor a Vita Sackville-West, de quen Orlando é trasunto. Facendo viaxar á súa protagonista a través dos xéneros e as épocas, Woolf ofrécenos un repaso á historia do Reino Unido desde o periodo isabelino á Primeira Guerra Mundial, pasando por críticas diversas aos convencionalismos sociais máis arraigados, até chegar á imperecedeira declaración de amor que constitúe a súa cerna.

    Irmás Cartoné é unha pequena editora independiente dedicada á traducción ao galego de textos clásicos da literatura universal, entendendo por clásicos todos aqueles textos que ás irmás lles parezan dignos de seren considerados como tales, aínda que os canons os teñan, nalgúns casos, esquecidos. Como diciamos ao inicio, "Orlando" é súa primeira e única novela, se ben están xa a preparar a publicación de "Hadrián VII", de Fr. Rolfe, alias Barón Corvo.



    0 comentarios → Orlando, de Virginia Woolf

    Publicar un comentario