• Novidade: Neonauta Ediciones



    En Libraría Vagalume seguimos ofrecendo aos nosos clientes productos novos, como é o que agora vos presentamos. Trátase da editorial de recentísima creación Neonauta Ediciones, que polo momento, só ten catro títulos no seu haber: "Reward", de Paulo César Ramírez, "Estatuas de Venus", de Cano Farraguete, "Amadís y el Rayo de Hierro", de Luis Guillermo del Corral e "Su última carcajada", de Alejandro Morales Mariaca. A particularidade destas catro obras é que pertencen ao xénero chamado "Bolsilibros", no que destacaron por méritos propios autores como Marcial Lafuente Estefanía, autor de noveliñas de vaqueiros por excelencia, Curtis Garland e o noso benquerido Lem Ryan.

    "Reward". A ferramenta da perdición comeza a moverse, libre da funda mística que o contén e o resgarda. Cada engranaxe móvese, cada peza segue a outra consecuentemente, como as variñas que chocan nunha caixa musical, só que esta é unha canción infernal. A pálpebra mecánica está por abrirse. Cúbrome o ollo dereito coa man ensanguentada e toda a miña visión tórnase escarlata, ata que comezo a ter a súa perspectiva. O Ollo do Demo activouse.

    "Estatuas de Venus". Había unha forza sobrenatural que o impedía volver atrás para informar ao resto do equipo de astronautas. Bryan permanecía a varios metros, pateando algunhas pedras do terreo liso. Aron agachouse, levantando a man, achegándoa a aquel rostro perfectamente tallado na rocha. Unha cara humana, de cabelos rizados e curtos. Era feminino, e recordaba levemente ás esculturas da antiga Grecia, só que os desgastes faciais facían irrecoñecibles os seus rasgos. "É que houbo humanos aquí antes?"

    "Amadís y el Rayo de Hierro". Amadís avanzou ao tempo que golpeaba. A deforme man dun demo foi aplastada e os seus colgantes ollos estalaron coma odres podres ao recibir un segundo golpe. A maza ría cantando dementes e incomprensibles maldicións. Dous demos caeran. Os tres que quedaban en pé comezaron a recuar. Coñecían o poder daquela arma. Dun terrible xeito que ningún alma podía. Sentiron o medo.

    "Su última carcajada". Antes de que ninguén teña tempo de preguntar que agardan, a porta ábrese e a través dela sae un escuadrón de homes como ningún deles vira antes. "Ah! Xusto a tempo. Iso é o que agardábamos", conclúe Bell sinalando cara ás oito figuras acoirazadas que comezan xa a marchar arredor do castelo. "Que dems é iso?", pregunta un soldado británico ás costas de Lacroix. "Son simples soldados de infantería co prototipo dunha armadura de combate", responde Bell.




    0 comentarios → Novidade: Neonauta Ediciones

    Publicar un comentario