• Los Ratones Templarios, de Bryan J.L. Glass e Michael Avon Oeming

    Velaquí o recopilatorio dos seis primeiros números de "Los ratones templarios".

    Karic é un xove ratón que pretende revivir a lendaria orde dos Ratos Templarios para así salvar á súa familia da escravitude e rescatar ao seu pobo das poutas da opresión das ratas. Pero os Templarios caeron vítimas dunha cruel guerra civil e agora non confían os uns nos outros. Ademais, aqueles a quen xuraron protexer os desprecian. O destino de tódalas criaturas repousa agora nas gadoupas dun pequeno ratón que ten que achar o valor para converterse en Cabalairo Templario.

    E así comeza unha epopea extraordinaria de maxia e marabillas, de fe e valor, a historia dun pequeno rato cuxo destino quizais cambie o mundo enteiro.

    Non perdas esta sensacional obra nunha edición en tapa dura a cargo de Dolmen Editorial.


    0 comentarios → Los Ratones Templarios, de Bryan J.L. Glass e Michael Avon Oeming

    Publicar un comentario