• La mujer que no bajó del avión, de Empar Fernández

    A editorial Versátil vén de publicar "La mujer que no bajó del avión", de Empar Fernández, unha magnífica novela de misterio.

    Despois dunha desastrosa tempada en  Roma, Álex Bernal chega de madrugada ao aeroporto de Barcelona. Cando por fin aparece a súa equipaxe, só outra maleta segue a xirar na gran terminal deserta. Álex, apertado pola falta de cartos e de expectativas, apodérase dela.

    Sen pretendelo, convertiráse no destinatario da historia de Sara Suárez. A culpa, as obsesións e os remordementos converten a vida de Sara nunha espiral de mentiras, da que nin ela nin os seus seres máis queridos saliránn indemnes.

    "Evolución da novela negra. Así debe de ser o noveo heroe solitario e perdedor do noso tempo, así debe ser o seu único camiño posible de redención", Fernando Marías.

    "Unha escritora do negro policial español con oficio e talento indubidables", José Luis Muñoz.

    "De novo atopámonos coa escritura elegante e precisa de Empar Fernández, nesta ocasión cunha novela de misterio chea de personaxes perfectamente definidos e situacións cribles", Luis Gutiérrez Maluenda.



    0 comentarios → La mujer que no bajó del avión, de Empar Fernández

    Publicar un comentario