• Unha rosa encarnada, de Robert Burns

    Velaquí a última novidade de Edicións Positivas, "Unha rosa encarnada", de Robert Burns, en edición bilingüe inglés-galego.

    O considerado mellor poeta escocés de todos os tempos é tamén un dos mellores e máis orixinais poetas universais.

    Está Robert Burns, desde que publicou os seus primeiros poemas, moi presente en moitos campos culturais, coa súa influencia na literatura, na  música, no cine... Mesmo Bob Dylan considera ao autor como a mellor e máis importante fonte de inspiración.

    Foi o poeta e tradutor Raúl Gómez Pato quen realizou a selección de poemas e os verqueu ao galego.

    Non perdas este novo título da colección Di-versos!







    0 comentarios → Unha rosa encarnada, de Robert Burns

    Publicar un comentario