• Sangue 12, de Cris Pavón

    Velaquí a máis recente novidade de Urco Editora, que sigue fiel ás súas liñas editoriais de traducir clásicos do fantástico estranxeiro e de publicar obras fantásticas, de ciencia ficción e terror de autores da terra. É a esta segunda á que pertence o título que agora nos ocupa, "Sangue 12", de Cris Pavón.

    Nesta novela de feitura bizarra, onde se mestura o real e o fantástico dacabalo entre os séculos XIX e XXI, preséntasenos unha fábula vampírica que conxuga fíos de feminismo, tecnoloxía e literatura para tecer a historia do delongado transo adolescente da protagonista, unha rapaza que asume os propios devezos e constrúe unha identidade vista como aberrante polos demais.

    Se es amante da mellor literatura fantástica e de terror, non deixes de ler "Sangue 12" nin perdas de vista a Urco Editora!



    0 comentarios → Sangue 12, de Cris Pavón

    Publicar un comentario