• Columnas de papel 2, de Xosé Vázquez Pintor

    Velaquí un novo título de Edicións Morgante, un selo de Rinoceronte Editora: "Columnas de papel 2", de Xosé Vázquez Pintor.

    "Columnas de papel" recolle unha escolma dos artigos publicados por Xosé Vázquez Pintor na prensa galega ao longo de 25 anos, dende 1987 a 2012, aínda que moitos deles seguen de actualidade. Nestas páxinas paira a memoria dos días que foran limiar e aviso do que agora hai de certo en desatinos.

    Este segundo volume de "Columnas de papel" reúnes as súas colaboracións en prensa entre os anos 1993 e 2012, nas páxinas de A Nosa Terra, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Sermos Galiza e Vieiros.

    Non vos perdades este excepcional título! Ademais, o día 27 deste mes de Xuño, o autor estará no Museo Municipal Ramón Mª Aller presentando o libro, e nós estaremos alí tamén para que todos aqueles que o desexedes o poidades mercar!




    0 comentarios → Columnas de papel 2, de Xosé Vázquez Pintor

    Publicar un comentario