• Ulises, de James Joyce

    Velaquí a edición en galego do "Ulises", de James Joyce, por primeira vez en lingua galega da man da editorial Galaxia.

    Publicada en París en 1922 pola libraría Shakespeare and Company, a novela de James Joyce (Dublín, 1882 - Zürich, 1941) desenvólvese durante un único día, o 16 de xuño de 1904, na cidade de Dublín. Joyce emprega en "Ulises", á parte da corrente de consciencia, a parodia, os xogos de palabras e unha variada e ampla gama de técnicas narrativas.

    A súa influencia na literatura posterior foi indubidable, tanto no que se refire á transformación que supuxo respecto da maneira de narrar coma no repertorio de formas literarias, sen esquecer a transformación da idea de novela, na que "Ulises" marcou o paso do modelo decimonónico ao modelo de novela contemporánea.

    Unha obra fundamental na historia da literatura.

    Non perdas este magnífico libro, por vez primeira na lingua de Castelao, nunha preciosa edición de tapa dura. Ademáis, podes aproveitar o noso desconto especial do 10% polo Día das Letras Galegas!



    0 comentarios → Ulises, de James Joyce

    Publicar un comentario