• Presentacións en Lalín

    Esta semana estamos de sorte! E iso?, vos preguntaredes. É que desta vez non teremos unha, senón dúas presentacións de libros na mesma semana!

    O xoves 8 de Maio, ás 20h., estará connosco Carlos Negro, que vén charlar con tódolos asistentes do seu último libro, "Penúltimas tendencias", editado por Xerais. Participarán no evento Fran Alonso, Gracia Santorum e Mariña Castro.

    E o sábado 10 de Maio, ás 13h., teremos na nosa libraría a Tomás González Ahola, que vén presentar a súa novela "Galiza mutante. Poder Nuclear!", editada por Urco. Tamén participará David Cortizo, editor de Urco.

    Xa o sabedes, esta semana tedes dúas citas en Libraría Vagalume: o xoves 8 ás 20h. e o sábado 10 ás 13h. Non faltedes!

























    0 comentarios → Presentacións en Lalín

    Publicar un comentario