• Ella, de Élie Chouraqui e Alberto Jiménez Alburquerque

    Velaquí un novo título da editorial Yermo Ediciones: "Ella", con guión de Élie Chouraqui e debuxo de Alberto Jiménez Alburquerque.

    O día en que cumpre vintecinco anos, o guapo e brillante Leo Vincey recibe un misterioso frasco de arxila, datado do século IV a.C., que testemuña o asasinato dun sacerdote de Isis e o desexo de vinganza dunha princesa exipcia.

    Decidido a atopar unha pista sobre este suceso, Leo, o seu titor Holly Horace e o seu servente Job emprenden unha busca que os levará ata África, ata unha civilización perdida, ata un reino gobernado por...

    ELA

    Baseada na novela homónima de H. Rider Haggard, o director de cine Élie Chouraqui ("Las flores de Harrison", "Oh, Jerusalén") e Alberto Jiménez Alburquerque ("Letter 44") deron vida neste volume integral unha trepidante aventura que sorprende polo seu apaixoante tratamento da fantasía e a acción, e por un debuxo dinámico e espectacular que nos transporta directamente ao corazón do continente negro.



    0 comentarios → Ella, de Élie Chouraqui e Alberto Jiménez Alburquerque

    Publicar un comentario