• El paseo infinito, de Daniel Higiénico

    Velaquí unha novela distinta, como sempre gustamos de ofrecervos: "El paseo infinito", primeira novela de Daniel Higiénico e financiada por medio dun crowdfunding.

    Un personaxe abandonado polo seu autor enfróntase ao espazo en branco, ata que descubre que se atopa no alto dun rascaceos que el mesmo pode construír.

    E así, porta a porta, o seu universo vaise pobrando de extravagantes personaxes con curiosas historias.

    Aínda que o Arquitecto non é o único creador, pois coma no escenario dun inmenso teatro, detrás de cada telón atópase un Escritor que inventa a súa propia obra e se enfronta á angustia da creación. Todos están convencidos de ser o auténtico autor do edificio e rechazan a idea de ser simples personaxes surxidos dunha mente externa.

    Mentres tanto, uns personaxes protagonistas e outros secundarios interactúan e toman posicións, creando situacións tan rocambolescas como divertidas.

    E por enriba de todos eles o autor real. O ollo omnisciente que todo o ve e todo o oe cuxa identidade ninguén coñece...

    Non perdas esta magnífica novela que conseguiu finalizar a súa financiación en Verkami con máis de 2000€ por enriba do inicialmente presupuestado.






    0 comentarios → El paseo infinito, de Daniel Higiénico

    Publicar un comentario