• Días das Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

    O Día das Letras Galegas deste ano 2014 adícase, como todo o mundo ben sabe ao poeta Xosé María Díaz Castro. 

    Aproveitade para botarlle unha ollada á súa obra, da que na nosa libraría temos: "Sombras radiantes", editado por Eneida, "Nimbos", na súa nova edición a cargo de Luís González Tosar e editado por Galaxia, e "Poesía galega completa", nunha magnífica edición de Armando Requeixo e publicada por Galaxia.

    Tamén disponible a biografía que Armando Requeixo escribiu sobre o poeta de Guitiriz editada por Galaxia.

    Aproveitamos para recordavos que ata o venres, e con motivo da celebración do día das nosas letras, faremos un 10% de desconto en tódolos libros e cómics en galego.



    0 comentarios → Días das Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

    Publicar un comentario