• Contacontos de Pepiña Maruxiña quere voar, con Barafunda Animación

    O sábado 7 de Xuño, ás 5 e media da tarde, os nosos amigos de Barafunda Animación virán a Lalín para facer un maravilloso contacontos do libro infantil máis vendido na nosa libraría: "Pepiña Maruxiña quere voar".

    E nós non podíamos faltar, para que todos aqueles que acudades cos máis pequenos da casa e que aínda non teñades este fantástico conto podades facervos co voso exemplar!

    O contacontos terá lugar en O Circo do Mundo, situado na Rúa Rosalía de Castro, nº 38 (Telf. 886 154 528).

    Se queredes que os vosos pequenos e pequenas pasen un rato do máis divertido, non o dubidedes: acudide ao contacontos en O Circo do Mundo e desfrutade dun espectáculo 100% feito en Galicia ;)




    0 comentarios → Contacontos de Pepiña Maruxiña quere voar, con Barafunda Animación

    Publicar un comentario