• O sábado 7 de Xuño, ás 5 e media da tarde, os nosos amigos de Barafunda Animación virán a Lalín para facer un maravilloso contacontos do libro infantil máis vendido na nosa libraría: "Pepiña Maruxiña quere voar".

    E nós non podíamos faltar, para que todos aqueles que acudades cos máis pequenos da casa e que aínda non teñades este fantástico conto podades facervos co voso exemplar!

    O contacontos terá lugar en O Circo do Mundo, situado na Rúa Rosalía de Castro, nº 38 (Telf. 886 154 528).

    Se queredes que os vosos pequenos e pequenas pasen un rato do máis divertido, non o dubidedes: acudide ao contacontos en O Circo do Mundo e desfrutade dun espectáculo 100% feito en Galicia ;)






  • Comprácenos anunciarvos que xa temos disponible na nosa tenda, e para todos vós, os seguintes libros da editorial Rayo Verde:

    - "Idilio con perro ahogándose", de Michael Köhlmeier.
    - "Los leopardos de Kafka",de Moacyr Scliar.
    - "El joven Nathaniel Hawthorne", de Victor Sabaté.
    - "El sonido de mi voz", de Ron Butlin.
    - "Todo está tranquilo arriba", de Gerbrand Bakker.
    - "La pesquisa", de Juan José Saer.
    - "Me gustaría", de Amanda Mijalopulu.
    - "DesHielo", de Ilija Trojanov.
    - "Pasajero del final del día", de Rubens Figueiredo.
    - "Las tres muertes de K.", de Bernardo Kucinski.
    - "Al otro lado de la noche", de Jan van Mersbergen.
    - "Historias inverosímiles, en general", de Alasdair Gray.
    - "El entenado", de Juan José Saer.
    - "Diez gansos blancos", de Gerbrand Bakker.
    - "El leñador", de Michal Witkowski.
    - "Era una broma", de Gabriel Josipovici.

    A que estás agardando? Vén por eles!




  • Norma editorial vén de publicar unha nova edición da obra de Lewis Carrol "A través del espejo", neste caso maravillosamente ilustrada por Lostfish.

    Publicado nunha preciosa edición en tapa dura, estamos ante unha obra imprescindible da literatura clásica que se converte en única grazas ás incribles ilustracións coas que nos sorprende o debuxante Lostfish.














  • Traémosvos hoxe a novidade musical de Kalandraka: "Brinca vai!".

    Tratase dun libro acompañado dun CD e dun DVD con 12 cancións compostas e interpretadas por Paco Nogueiras. Ademais, o libro está xenialmente ilustrado por David Pintor.

    Un regalo magnífico para os máis pequenos da casa (e non tan pequenos)!











  • Velaquí un novo título da editorial Yermo Ediciones: "Ella", con guión de Élie Chouraqui e debuxo de Alberto Jiménez Alburquerque.

    O día en que cumpre vintecinco anos, o guapo e brillante Leo Vincey recibe un misterioso frasco de arxila, datado do século IV a.C., que testemuña o asasinato dun sacerdote de Isis e o desexo de vinganza dunha princesa exipcia.

    Decidido a atopar unha pista sobre este suceso, Leo, o seu titor Holly Horace e o seu servente Job emprenden unha busca que os levará ata África, ata unha civilización perdida, ata un reino gobernado por...

    ELA

    Baseada na novela homónima de H. Rider Haggard, o director de cine Élie Chouraqui ("Las flores de Harrison", "Oh, Jerusalén") e Alberto Jiménez Alburquerque ("Letter 44") deron vida neste volume integral unha trepidante aventura que sorprende polo seu apaixoante tratamento da fantasía e a acción, e por un debuxo dinámico e espectacular que nos transporta directamente ao corazón do continente negro.



  • Velaquí a edición en galego do "Ulises", de James Joyce, por primeira vez en lingua galega da man da editorial Galaxia.

    Publicada en París en 1922 pola libraría Shakespeare and Company, a novela de James Joyce (Dublín, 1882 - Zürich, 1941) desenvólvese durante un único día, o 16 de xuño de 1904, na cidade de Dublín. Joyce emprega en "Ulises", á parte da corrente de consciencia, a parodia, os xogos de palabras e unha variada e ampla gama de técnicas narrativas.

    A súa influencia na literatura posterior foi indubidable, tanto no que se refire á transformación que supuxo respecto da maneira de narrar coma no repertorio de formas literarias, sen esquecer a transformación da idea de novela, na que "Ulises" marcou o paso do modelo decimonónico ao modelo de novela contemporánea.

    Unha obra fundamental na historia da literatura.

    Non perdas este magnífico libro, por vez primeira na lingua de Castelao, nunha preciosa edición de tapa dura. Ademáis, podes aproveitar o noso desconto especial do 10% polo Día das Letras Galegas!



  • O Día das Letras Galegas deste ano 2014 adícase, como todo o mundo ben sabe ao poeta Xosé María Díaz Castro. 

    Aproveitade para botarlle unha ollada á súa obra, da que na nosa libraría temos: "Sombras radiantes", editado por Eneida, "Nimbos", na súa nova edición a cargo de Luís González Tosar e editado por Galaxia, e "Poesía galega completa", nunha magnífica edición de Armando Requeixo e publicada por Galaxia.

    Tamén disponible a biografía que Armando Requeixo escribiu sobre o poeta de Guitiriz editada por Galaxia.

    Aproveitamos para recordavos que ata o venres, e con motivo da celebración do día das nosas letras, faremos un 10% de desconto en tódolos libros e cómics en galego.



  • En vista de que a nosa cámara non nos permititu salvar ningunha das fotos que o sábado fixemos na presentación de "Galiza mutante. Poder nuclear!", aquí vos deixamos a foto que o propio autor colgou no Facebook. Mil grazas a Tomás e aos seus compañeiros de Urco Editora por viren á nosa casa a falar do seu magnífico libro.

    Grazas tamén, por suposto, a tódolos asistentes.








  • Nesta semana do Día das Letras Galegas (12 a 16 de Maio), en Libraría Vagalume queremos ofrecervos un 10% de desconto en tódolos libros e cómics en galego (non acumulable a outras promocións).

    A que estades agardando? Vide a por eses títulos aos que lles tedes botado o ollo!



  • Velaquí as fotos da presentación de onte na nosa libraría, na que Carlos Negro veu falar da súa última obra, "Penúltimas tendencias".

    Moitísimas grazas a Carlos por vires á nosa casa a presentar o seu libro e ás persoas que participaron na charla: Fran Alonso, Gracia Santorum e Mariña Castro.

    E por suposto, mil grazas a tódolos asistentes, porque sen eles eventos como este non serían posibles!



























  • Velaquí unha novela distinta, como sempre gustamos de ofrecervos: "El paseo infinito", primeira novela de Daniel Higiénico e financiada por medio dun crowdfunding.

    Un personaxe abandonado polo seu autor enfróntase ao espazo en branco, ata que descubre que se atopa no alto dun rascaceos que el mesmo pode construír.

    E así, porta a porta, o seu universo vaise pobrando de extravagantes personaxes con curiosas historias.

    Aínda que o Arquitecto non é o único creador, pois coma no escenario dun inmenso teatro, detrás de cada telón atópase un Escritor que inventa a súa propia obra e se enfronta á angustia da creación. Todos están convencidos de ser o auténtico autor do edificio e rechazan a idea de ser simples personaxes surxidos dunha mente externa.

    Mentres tanto, uns personaxes protagonistas e outros secundarios interactúan e toman posicións, creando situacións tan rocambolescas como divertidas.

    E por enriba de todos eles o autor real. O ollo omnisciente que todo o ve e todo o oe cuxa identidade ninguén coñece...

    Non perdas esta magnífica novela que conseguiu finalizar a súa financiación en Verkami con máis de 2000€ por enriba do inicialmente presupuestado.






  • Esta semana estamos de sorte! E iso?, vos preguntaredes. É que desta vez non teremos unha, senón dúas presentacións de libros na mesma semana!

    O xoves 8 de Maio, ás 20h., estará connosco Carlos Negro, que vén charlar con tódolos asistentes do seu último libro, "Penúltimas tendencias", editado por Xerais. Participarán no evento Fran Alonso, Gracia Santorum e Mariña Castro.

    E o sábado 10 de Maio, ás 13h., teremos na nosa libraría a Tomás González Ahola, que vén presentar a súa novela "Galiza mutante. Poder Nuclear!", editada por Urco. Tamén participará David Cortizo, editor de Urco.

    Xa o sabedes, esta semana tedes dúas citas en Libraría Vagalume: o xoves 8 ás 20h. e o sábado 10 ás 13h. Non faltedes!