• Sherlock Holmes en España, de Alberto López Aroca

    Por fin, temos nas nosas mans o libro "Sherlock Holmes en España", de Alberto López Aroca, que o propio autor autoeditou por medio dunha suscripción.

    "Sherlock Holmes en España" é un traballo de arqueoloxía holmesiana e de pura devoción polos pastiches sherlockianos, que ameaza con converterse no pesadelo de coleccionistas e completistas. Inclúe ducias de reseñas de novelas e relatos, ensaios de mitoloxía creativa, estudios bibliográficos sobre o Canon Holmesiano en español, un catálogo de pastiches hispánicos que inclúe máis de 350 títulos dende 1908 ata o día de hoxe, ilustracións, unha morea de notas a pé de páxina, e incluso un pastiche extraviado. E o autor asegura que aínda queda moito por contar e desenterrar...

    Non perdas este imprescindible título centrado na figura de Sherlock Holmes, o detective privado por excelencia, neste amplo volume a cargo dun dos autores que máis investigou a figura do personaxe creado por Sir Arthur Conan Doyle.

    Deixamos enlace á páxina web de Alberto López Aroca aquí



    0 comentarios → Sherlock Holmes en España, de Alberto López Aroca

    Publicar un comentario