• Quizais. Filosofía ético-política do porvir, de Delmiro Rocha

    Velaquí o novo título de Euseino? Editores, da colección Casabranca, adicada á Filosofía: "Quizais. Filosofía ético-política do porvir", escrito por Delmiro Rocha.

    A consecuencia política da aplicación do que Derrida chama a lóxica do quizais é a deconstrucción da democracia. Pois é no interior inestábel deste concepto que camiña desde Grecia onde o quizais atopa o seu lugar de actuación.

    Neste libro, que é ao tempo pregunta e afirmación, o filósofo Delmiro rocha traza o mapa sísmico dese pensamento, elabora unha achega de nidia exposición -precisa e así e todo suxestivo- do que produce o máis grande de todos os cambios, o cambio do chan, de asentamento, o do terreo sobre o cal se levantan as ideas que gobernan o mundo.

    Abandónase, dunha vez por todas, a esperanza de establecer un número determinado de dogmas seguros e fiábeis polos cales circular. O quizais inxecta un pouso de inseguridade no pensamento do porvir e do acontecemento. Cómpre, entón, pensar o quizais para pensar o porvir, para falar del e, no seu ton máis político, para dirixirnos cara a el.

    Tamén disponible de Euseino? e da mesma colección: "A revolución non vai ser televisada", de Rebeca Baceiredo.



    0 comentarios → Quizais. Filosofía ético-política do porvir, de Delmiro Rocha

    Publicar un comentario